xoves, 23 de maio de 2019

Unha familia de cervos se pasea polas rúas de Ourense

Unha familia de cervos se pasea polas rúas de Ourense.

O pasado sábado, os veciños de Ourense erguéronse cunha sorpresa.

M. Fernández/ F. García/ M. Fandiño 26/5/2019


O pasado Sábado 25 de maio, aproximadamente ás dez da mañá, os veciños do centro de Ourense erguéronse cunha sensación entre susto e admiración.

Unha familia de cervos adultos, concretamente catro (dous machos e dúas femias), camiñaban por varias  rúas da cidade  sen que lles causasen ningún medo os seus habitantes. Nin sequera o ruído dos coches circulando asustaba aos animais.

Todos sabían que estes cervos vivían no monte, xa que foron levados alí por unha asociación animalista chamada "Amigos dos Animais" ca fin de repoboar esa especie nos montes galegos, pero ata o momento nunca se acercaran á cidade.

Coa mesma tranquilidade coa que se pasearon polas rúas, os animais volveron a marchar cara ó monte, entre os aplausos dos veciños que quedaron impresionados da beleza e maxestosidade dos cervos.

Fontes:  Diario de Arousa e TVG.


Gamos, Ciervo, Ciervos, Dama Dama, Masculina, Silvestre
Imaxe de Lubos Houska en Pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario