xoves, 30 de maio de 2019

Ilegalízanse as hamburguesas en Estados Unidos pola grnde obesidade dos cidadáns

Ilegalízanse as hamburguesas en Estados Unidos pola grande obesidade dos cidadáns

Onte, día 29 de maio, ilegalizáronse as hamburguesas en todo Estados Unidos

M. Fernández/ C. Montes/ F. García 29/5/2019


Onte martes, día 29 de maio de 2019, ás dúas da tarde, segundo afirma o famoso periódico estadounidense "New York Times", ilegalizáronse as hamburguesas en todo Estados Unidos, xa que tras realizar varios estudos, considérase que non é un alimento saudable para a poboación, por conter un nivel de graxas superior ao permitido.

A reacción dos cidadáns foi moi mala, houbo diversas manifestacións violentas e a xente rompeulles os cristais dos coches aos diversos policías que pretendían conseguir orde e seguridade para os demais cidadáns. 

Os feridos aumentan cada hora e o caos non dá cesado, ademais o número de mortos xa ascendeu ata chegar aos 456 falecidos. Sen dúbida está sendo unha catástrofe para un montón de familias.

A xente está desexando xa que rematen estas manifestacións, para poder seguir coa súa vida normal, sen ter medo de sufrir dano, ou incluso de morrer.

Ao fin e ao cabo, as hamburguesas non deixan de ser unha comida facilmente substituíble por outras, coma por exemplo un bo chuletón con patacas fritas.


Fontes de información: New York Times e Washington Post.


imaxe de James en Flickr
                

Ningún comentario:

Publicar un comentario