xoves, 30 de maio de 2019

Ilegalízanse as hamburguesas en Estados Unidos pola grnde obesidade dos cidadáns

Ilegalízanse as hamburguesas en Estados Unidos pola grande obesidade dos cidadáns

Onte, día 29 de maio, ilegalizáronse as hamburguesas en todo Estados Unidos

M. Fernández/ C. Montes/ F. García 29/5/2019


Onte martes, día 29 de maio de 2019, ás dúas da tarde, segundo afirma o famoso periódico estadounidense "New York Times", ilegalizáronse as hamburguesas en todo Estados Unidos, xa que tras realizar varios estudos, considérase que non é un alimento saudable para a poboación, por conter un nivel de graxas superior ao permitido.

A reacción dos cidadáns foi moi mala, houbo diversas manifestacións violentas e a xente rompeulles os cristais dos coches aos diversos policías que pretendían conseguir orde e seguridade para os demais cidadáns. 

Os feridos aumentan cada hora e o caos non dá cesado, ademais o número de mortos xa ascendeu ata chegar aos 456 falecidos. Sen dúbida está sendo unha catástrofe para un montón de familias.

A xente está desexando xa que rematen estas manifestacións, para poder seguir coa súa vida normal, sen ter medo de sufrir dano, ou incluso de morrer.

Ao fin e ao cabo, as hamburguesas non deixan de ser unha comida facilmente substituíble por outras, coma por exemplo un bo chuletón con patacas fritas.


Fontes de información: New York Times e Washington Post.


imaxe de James en Flickr
                

sábado, 25 de maio de 2019

Os prezos do Huawei baixan un 10 por cento nunha soa semana

Os prezos de Huawei baixan un 10 por cento nunha soa semana

Donald Trump prexudica moito á marca china Huawei

22/5/2019

Donald Trump prexudica á prestixiosa marca china Huawei prohibíndolles a Google, Qualcomm, Intel e outras tecnoloxías do país americano que lle subministren software e compoñentes, o cal lle está saíndo moi caro ó fabricante chino.

Fontes do mercado explican a ABC que as ventas desplomáronse un cincuenta por cento. O prezo chegou incluso a baixar un dez por cento nunha soa semana.

Se anteriormente Samsung só centraba un 28,66 por cento das buscas, agora se leva un 37,93 por cento delas, ademais outras marcas coma LG e Sony tamén melloraron neste aspecto, polo cal se podería dicir que Donald Trump axudou a estas marcas na súa disputa coa intención de fastidiar aos chinos.

Fonte de documentación: ABC

Opinión: Ao final non sei se Donald Trump  acertaría con esta decisión, xa que a empresa Huawei se quere poden denuncialo pola prohibición dos seus produtos.


imaxe de Gage Skidmore Flickr
imaxe de Tomas Roggero en Flickr

xoves, 23 de maio de 2019

Unha familia de cervos se pasea polas rúas de Ourense

Unha familia de cervos se pasea polas rúas de Ourense.

O pasado sábado, os veciños de Ourense erguéronse cunha sorpresa.

M. Fernández/ F. García/ M. Fandiño 26/5/2019


O pasado Sábado 25 de maio, aproximadamente ás dez da mañá, os veciños do centro de Ourense erguéronse cunha sensación entre susto e admiración.

Unha familia de cervos adultos, concretamente catro (dous machos e dúas femias), camiñaban por varias  rúas da cidade  sen que lles causasen ningún medo os seus habitantes. Nin sequera o ruído dos coches circulando asustaba aos animais.

Todos sabían que estes cervos vivían no monte, xa que foron levados alí por unha asociación animalista chamada "Amigos dos Animais" ca fin de repoboar esa especie nos montes galegos, pero ata o momento nunca se acercaran á cidade.

Coa mesma tranquilidade coa que se pasearon polas rúas, os animais volveron a marchar cara ó monte, entre os aplausos dos veciños que quedaron impresionados da beleza e maxestosidade dos cervos.

Fontes:  Diario de Arousa e TVG.


Gamos, Ciervo, Ciervos, Dama Dama, Masculina, Silvestre
Imaxe de Lubos Houska en Pixabay