xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

Copla 1:

Hoxe ía pola rúa
Como un día calquera
Cantando unha copla

Copla 2:

Eu comprei unha camisa
E quedeime moi contento
Isto é marabilloso
Ai,ai, ai que ben me sento



Copla 3:

Hoxe é día de regueifas
Na Pobra do Caramiñal
E estamos moi contentos
Isto é un carnaval

Copla 4:

Ola boas compañeiro
Agarra moi ben o sillón
E coida a túa dieta
Tes que comer moito limón

Copla 5:

Eu estaba moi contento
Aquel día de carnaval
Tocoume a lotaría
E montei un festival

Copla 6:

Eu andaba pola rúa
Con moitas ganas de mercar
Eu estaba moi cansado
Pero fun ata o bazar

Copla 7:

Eu ía sempre correndo
E acabeime por cansar
Tíñao corrido tanto
Tiña ganas de descansar

Copla 8:

Era un día nubrado
E un lóstrego caeu
Eu estaba concentrado
E a paz desapareceu


Copla 9:


Vou falar de Antón Fraguas

Sempre amou a docencia
Así a súa profesión
Traballouna con conciencia


Copla 10:


Ola, son Miguel Fernández

Eu son un rapaz galego
Xa cumprín os trece anos
E o meu pai é labrego

Copla 11:

Eu sonche Miguel Fernández
E che veño de Galicia
É o lugar onde nacín
E onde está miña familia









Ningún comentario:

Publicar un comentario