xoves, 11 de abril de 2019

O cambio climático

Hoxe vou falar dun tema moi interesante do que debería  estar informado todo o mundo: "como evitar o cambio climático".

O cambio climático ten un montón de consecuencias negativas e irreversibles,  por exemplo que se derreten os casquetes polares, debido a isto todos os animais que viven no medio ártico extínguense xa que perden o seu hábitat. Ademais isto implica un aumento do nivel do mar a escala mundial, e vai a acabar somerxendo baixo as augas moitos países.

O que eu non entendo é que se a xente está informada de todo isto, e segue contaminando. Cando poderiamos evitar o cambio climático con accións sinxelas como reciclar.




CURIOSIDADES RELACIONADAS COA CONTAMINACIÓN:



Unha illa de plástico:



Protección Ambiental, Conservación De La Naturaleza
imaxe pixabay
Existe unha illa feita totalmente de plástico cun total de 1,8  billóns de pezas de este material que é moi contaminante, xa que tarda moitísimos anos en degradarse. Está situada no Océano Pacífico e está empeorando moi rapidamente.


Esta illa de plástico é enorme: ten unha extensión equivalente á de Francia, España e Alemaña xuntas, e a pesar de que a xente é consciente do seu tamaño, segue crecendo exponencialmente por culpa deles.

Realmente, canto contaminan as pilas?????

Unha soa pila alcalina contamina 167 mil litros de auga, polo cal para contaminar  6.5 millóns de litros de auga farían falta 11 pilas de botón  de óxido de mercurio ou 40 pilas alcalinas. A verdade e que as pilas contaminan unha barbaridade, por iso hai tantos puntos de recollida de pilas, principalmente nos centros comerciais.



Ningún comentario:

Publicar un comentario