martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana : Apicultores españois alertan da avespa mandarina, máis perigosa que a velutina

Fontes:  ABC      La Voz de Galicia


23/03/2019

Os apicultores temen a chegada da avespa mandarina a España. É máis perigosa e destrutiva que a velutina, xa que é unha cazadora implacable que se alimenta doutros insectos como as nosas abellas.



Avispa, Hornet, Insecto, Dibujos Animados, Афидиус
imaxe Pixabay
Ao igual que a vespa velutina, esta tamén procede de Asia(concretamente de Xapón), e xa chegou a China, polo que soamente é cuestión de tempo que chegue a Europa na carga dun barco, como ocorrera anteriormente coa velutina.                                                                       


Opinión:

Eu creo que deberían facerse moitos máis controis e máis rigorosos dos produtos que veñen de Asia, para así evitar que a avespa mandarina chegue a Europa. E en caso de que entrara algunha, erradicalas no seu inicio, tomando as medidas urxentes para eliminalas antes de que se estenda a praga.

domingo, 17 de marzo de 2019

San José Cluny contra CB Ribeira

Emocionante partido de baloncesto de categoría infantil celebrado hoxe domingo 17/03/2019  en Santiago de Compostela. Os rapaces e rapazas de ambos equipos fixeron un estupendo partido, coa vitoria do equipo CB Ribeira (no cal xogo) co resultado final de 30 - 60.

Recoméndovos a todos que practiquedes algún deporte, xa que é moi saudable, ademais do divertido que resulta realizar actividades en grupo e das alegrías que te levas cando gaña o teu equipo.

Fanse u montón de amigos e coñeces un montón de xente. Recomendable ó 100%.

U Liga, Baloncesto, Deportes, Juego, Jugar, Escuela
imaxe pixabay

A miña primeira entrada

Ola mundo!


Benvidos a todos e a todas ao meu blogue!

Aquí atoparedes todo tipo de noticias sobre o mundo do deporte. A min paréceme moi interesante ademais de velo, practicalo, xa que é moi saudable. Tamén falarei sobre temas de actualidade. Polo que se  queredes invítovos a visitar o meu blogue.


Icono, Polaroid, Blogger, Rss, App, Usted Tubo
imaxe pixabay