domingo, 9 de xuño de 2019

Os Raptors van gañando aos Warriors



Ata o momento os Raptors van ganando 3-1 aos Warriors, que é o equipo que leva toda a temporada sendo o favorito.

Os seguidores dos Warriors esperan ganar o próximo partido, xa que Stephen Curry " O mellor dos Warrriors" ademais de ser considerado por moitos  o número un do mundo, ésperase anote moitos puntos, e sobre todo triplas, que é a súa especialidade.
Sen dúbida os dous son uns equipazos, pero eu persoalmente vou cos Warriors, porque sei que se poden esforzar moito máis para acadar o resultado esperado, que é ganar a NBA.
foto de Shea Huening en Flickr

domingo, 2 de xuño de 2019

Titulares sobre Huawei

3 Titulares que son verdade:

-Huawei afirma que as súas ventas en España caeron ata un 30 por cento tras o veto de Google, pero xa se recuperaron.

Ligazón:europapress

-Huawei presenta demanda xudicial en Estados Unidos contra "lista negra".

Ligazón:telesur

-Estados Unidos levanta o veto a Huawei durante 90 días.

Ligazón:movilzona 

3 Fake news:

-Hongmeng OS, o sistema operativo de Huawei ¡NON! será presentado o 24 de xuño. 

Ligazón:clubtech

-Trump acusa a Huawei de colaborar co  goberno de Pekín para espiar a través das súas redes.

Ligazón:lavanguardia

imaxe de Freshwater 2006 en Flickr
-Maduro anuncia "inversión inmediata"en Huawei tras os vetos de Estados Unidos.

Ligazón:lainformación

xoves, 30 de maio de 2019

Ilegalízanse as hamburguesas en Estados Unidos pola grnde obesidade dos cidadáns

Ilegalízanse as hamburguesas en Estados Unidos pola grande obesidade dos cidadáns

Onte, día 29 de maio, ilegalizáronse as hamburguesas en todo Estados Unidos

M. Fernández/ C. Montes/ F. García 29/5/2019


Onte martes, día 29 de maio de 2019, ás dúas da tarde, segundo afirma o famoso periódico estadounidense "New York Times", ilegalizáronse as hamburguesas en todo Estados Unidos, xa que tras realizar varios estudos, considérase que non é un alimento saudable para a poboación, por conter un nivel de graxas superior ao permitido.

A reacción dos cidadáns foi moi mala, houbo diversas manifestacións violentas e a xente rompeulles os cristais dos coches aos diversos policías que pretendían conseguir orde e seguridade para os demais cidadáns. 

Os feridos aumentan cada hora e o caos non dá cesado, ademais o número de mortos xa ascendeu ata chegar aos 456 falecidos. Sen dúbida está sendo unha catástrofe para un montón de familias.

A xente está desexando xa que rematen estas manifestacións, para poder seguir coa súa vida normal, sen ter medo de sufrir dano, ou incluso de morrer.

Ao fin e ao cabo, as hamburguesas non deixan de ser unha comida facilmente substituíble por outras, coma por exemplo un bo chuletón con patacas fritas.


Fontes de información: New York Times e Washington Post.


imaxe de James en Flickr
                

sábado, 25 de maio de 2019

Os prezos do Huawei baixan un 10 por cento nunha soa semana

Os prezos de Huawei baixan un 10 por cento nunha soa semana

Donald Trump prexudica moito á marca china Huawei

22/5/2019

Donald Trump prexudica á prestixiosa marca china Huawei prohibíndolles a Google, Qualcomm, Intel e outras tecnoloxías do país americano que lle subministren software e compoñentes, o cal lle está saíndo moi caro ó fabricante chino.

Fontes do mercado explican a ABC que as ventas desplomáronse un cincuenta por cento. O prezo chegou incluso a baixar un dez por cento nunha soa semana.

Se anteriormente Samsung só centraba un 28,66 por cento das buscas, agora se leva un 37,93 por cento delas, ademais outras marcas coma LG e Sony tamén melloraron neste aspecto, polo cal se podería dicir que Donald Trump axudou a estas marcas na súa disputa coa intención de fastidiar aos chinos.

Fonte de documentación: ABC

Opinión: Ao final non sei se Donald Trump  acertaría con esta decisión, xa que a empresa Huawei se quere poden denuncialo pola prohibición dos seus produtos.


imaxe de Gage Skidmore Flickr
imaxe de Tomas Roggero en Flickr

xoves, 23 de maio de 2019

Unha familia de cervos se pasea polas rúas de Ourense

Unha familia de cervos se pasea polas rúas de Ourense.

O pasado sábado, os veciños de Ourense erguéronse cunha sorpresa.

M. Fernández/ F. García/ M. Fandiño 26/5/2019


O pasado Sábado 25 de maio, aproximadamente ás dez da mañá, os veciños do centro de Ourense erguéronse cunha sensación entre susto e admiración.

Unha familia de cervos adultos, concretamente catro (dous machos e dúas femias), camiñaban por varias  rúas da cidade  sen que lles causasen ningún medo os seus habitantes. Nin sequera o ruído dos coches circulando asustaba aos animais.

Todos sabían que estes cervos vivían no monte, xa que foron levados alí por unha asociación animalista chamada "Amigos dos Animais" ca fin de repoboar esa especie nos montes galegos, pero ata o momento nunca se acercaran á cidade.

Coa mesma tranquilidade coa que se pasearon polas rúas, os animais volveron a marchar cara ó monte, entre os aplausos dos veciños que quedaron impresionados da beleza e maxestosidade dos cervos.

Fontes:  Diario de Arousa e TVG.


Gamos, Ciervo, Ciervos, Dama Dama, Masculina, Silvestre
Imaxe de Lubos Houska en Pixabay

xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

Copla 1:

Hoxe ía pola rúa
Como un día calquera
Cantando unha copla

Copla 2:

Eu comprei unha camisa
E quedeime moi contento
Isto é marabilloso
Ai,ai, ai que ben me sento



Copla 3:

Hoxe é día de regueifas
Na Pobra do Caramiñal
E estamos moi contentos
Isto é un carnaval

Copla 4:

Ola boas compañeiro
Agarra moi ben o sillón
E coida a túa dieta
Tes que comer moito limón

Copla 5:

Eu estaba moi contento
Aquel día de carnaval
Tocoume a lotaría
E montei un festival

Copla 6:

Eu andaba pola rúa
Con moitas ganas de mercar
Eu estaba moi cansado
Pero fun ata o bazar

Copla 7:

Eu ía sempre correndo
E acabeime por cansar
Tíñao corrido tanto
Tiña ganas de descansar

Copla 8:

Era un día nubrado
E un lóstrego caeu
Eu estaba concentrado
E a paz desapareceu


Copla 9:


Vou falar de Antón Fraguas

Sempre amou a docencia
Así a súa profesión
Traballouna con conciencia


Copla 10:


Ola, son Miguel Fernández

Eu son un rapaz galego
Xa cumprín os trece anos
E o meu pai é labrego

Copla 11:

Eu sonche Miguel Fernández
E che veño de Galicia
É o lugar onde nacín
E onde está miña familia









O cambio climático

Hoxe vou falar dun tema moi interesante do que debería  estar informado todo o mundo: "como evitar o cambio climático".

O cambio climático ten un montón de consecuencias negativas e irreversibles,  por exemplo que se derreten os casquetes polares, debido a isto todos os animais que viven no medio ártico extínguense xa que perden o seu hábitat. Ademais isto implica un aumento do nivel do mar a escala mundial, e vai a acabar somerxendo baixo as augas moitos países.

O que eu non entendo é que se a xente está informada de todo isto, e segue contaminando. Cando poderiamos evitar o cambio climático con accións sinxelas como reciclar.




CURIOSIDADES RELACIONADAS COA CONTAMINACIÓN:



Unha illa de plástico:



Protección Ambiental, Conservación De La Naturaleza
imaxe pixabay
Existe unha illa feita totalmente de plástico cun total de 1,8  billóns de pezas de este material que é moi contaminante, xa que tarda moitísimos anos en degradarse. Está situada no Océano Pacífico e está empeorando moi rapidamente.


Esta illa de plástico é enorme: ten unha extensión equivalente á de Francia, España e Alemaña xuntas, e a pesar de que a xente é consciente do seu tamaño, segue crecendo exponencialmente por culpa deles.

Realmente, canto contaminan as pilas?????

Unha soa pila alcalina contamina 167 mil litros de auga, polo cal para contaminar  6.5 millóns de litros de auga farían falta 11 pilas de botón  de óxido de mercurio ou 40 pilas alcalinas. A verdade e que as pilas contaminan unha barbaridade, por iso hai tantos puntos de recollida de pilas, principalmente nos centros comerciais.



Os videoxogos



Como son un neno: entretéñenme moitas cousas, sobre todo os videoxogos, que actualmente son considerados un deporte.

Hai un montón de videoxogos: para consola, móbiles, ordenador.. 
A consola máis utilizada actualmente por rapaces e adultos é a PS4, principalmente debido a súa calidade de imaxe, aínda que tamén hai bastante xente que xoga a outra consola que saíu fai moi pouco tempo: a Nintendo Switch, da cal  hai varios tipos: educativos, arcade, familiares...

A verdade é que os videoxogos poden ser tanto bos como malos, dependendo de como se utilicen.
Porque un uso excesivo dos videoxogos pode causar á larga problemas oculares graves, por iso moitos xogadores profesionais necesitan levar lentes.

Kontroller, Juegos, Ps4, Playstation, Jugar, Virtual
imaxe pixabay


venres, 5 de abril de 2019

Unha das miñas afeccións


Ola a todos e a todas.

Preséntovos o meu primeiro vídeo, vouvos falar dunha das miñas afeccións: O baloncesto.


Espero que vos guste.











xoves, 4 de abril de 2019

Noticia da semana 2: Facenda reclámalle a unha estudante de 16 anos o 19 por cento dun premio académico

04/04/2019

A Xunta otorgoulle o ano pasado a Inés Carrión Orosa un galardón e un cheque de 750 euros por ser a mellor estudante de ESO.
Esta nena, á que deberiamos colmar de homenaxes, agora é perseguida por Facenda, xa que lle reclama o 19 por cento do premio, é dicir, quítanlle 142,5 €, co que do premio só lle dan 607,50 €.

Debido a esta inxustiza, o seu pai fixo unha reclamación formal, pero xa recibiu a resolución de Facenda desestimándolla. Polo cal moi enfadado expresou a súa opinión na seguinte frase:
"Facenda castiga o esforzo, o traballo e a excelencia e premia a ludopatía".
Fontes: La Voz de Galicia     ABC
                                                                                        


Opinión: 

Estou moi de acordo ca queixa do pai de Inés Carrión Orosa, xa que paréceme moi inxusto que despois de traballar tanto estudando para conseguir un pequeno premio de 750 €, se lle quede Facenda con parte dos cartos.
Sin embargo para os premios de azar, como máquinas de apostas deportivas, se o premio non pasa de 20.000 €, segundo a Lei non hai que pagar nada a facenda. 
Esto para min non ten sentido, vexo que o traballo castígano, cando deberían homenaxealo. Penso que hai que cambiar a Lei canto antes: "Non é bo exemplo para que a xuventude se esforce estudando".





martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana : Apicultores españois alertan da avespa mandarina, máis perigosa que a velutina

Fontes:  ABC      La Voz de Galicia


23/03/2019

Os apicultores temen a chegada da avespa mandarina a España. É máis perigosa e destrutiva que a velutina, xa que é unha cazadora implacable que se alimenta doutros insectos como as nosas abellas.



Avispa, Hornet, Insecto, Dibujos Animados, Афидиус
imaxe Pixabay
Ao igual que a vespa velutina, esta tamén procede de Asia(concretamente de Xapón), e xa chegou a China, polo que soamente é cuestión de tempo que chegue a Europa na carga dun barco, como ocorrera anteriormente coa velutina.                                                                       


Opinión:

Eu creo que deberían facerse moitos máis controis e máis rigorosos dos produtos que veñen de Asia, para así evitar que a avespa mandarina chegue a Europa. E en caso de que entrara algunha, erradicalas no seu inicio, tomando as medidas urxentes para eliminalas antes de que se estenda a praga.

domingo, 17 de marzo de 2019

San José Cluny contra CB Ribeira

Emocionante partido de baloncesto de categoría infantil celebrado hoxe domingo 17/03/2019  en Santiago de Compostela. Os rapaces e rapazas de ambos equipos fixeron un estupendo partido, coa vitoria do equipo CB Ribeira (no cal xogo) co resultado final de 30 - 60.

Recoméndovos a todos que practiquedes algún deporte, xa que é moi saudable, ademais do divertido que resulta realizar actividades en grupo e das alegrías que te levas cando gaña o teu equipo.

Fanse u montón de amigos e coñeces un montón de xente. Recomendable ó 100%.

U Liga, Baloncesto, Deportes, Juego, Jugar, Escuela
imaxe pixabay

A miña primeira entrada

Ola mundo!


Benvidos a todos e a todas ao meu blogue!

Aquí atoparedes todo tipo de noticias sobre o mundo do deporte. A min paréceme moi interesante ademais de velo, practicalo, xa que é moi saudable. Tamén falarei sobre temas de actualidade. Polo que se  queredes invítovos a visitar o meu blogue.


Icono, Polaroid, Blogger, Rss, App, Usted Tubo
imaxe pixabay