xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

Copla 1:

Hoxe ía pola rúa
Como un día calquera
Cantando unha copla
Sobre a primavera


Copla 2:

Eu comprei unha camisa
E quedeime moi contento
Isto é marabilloso
Ai,ai, ai que ben me sento



Copla 3:

Hoxe é día de regueifas
Na pobra do Caramiñal
E estamos moi contentos
Isto é un carnaval

Copla 4:

Ola boas compañeiro
Agarra moi ben o sillón
E coida a túa dieta
Tes que comer moito limón

Copla 5:

Eu estaba moi contento
Aquel día de carnaval
Tocoume a lotaría
E montei un festival

Copla 6:

Eu andaba pola rúa
Con moitas ganas de mercar
Eu estaba moi cansado
Pero fun ata o bazar

Copla 7:

Eu ía sempre correndo
E acabeime por cansar
Tiñao corrido tanto
Tiña ganas de descansar

Copla 8:

Era un día nubrado
E un relámpago caeu
Eu estaba concentrado
E a paz desapareceu



O cambio climático

Hoxe vou falar dun tema moi interesante do que debería  estar informado todo o mundo: "como evitar o cambio climático".

O cambio climático ten un montón de consecuencias negativas e irreversibles,  por exemplo que se derreten os casquetes polares, debido a isto todos os animais que viven no medio ártico extínguense xa que perden o seu hábitad. Ademais isto implica un aumento do nivel do mar a escala mundial, e vai a acabar sumerxindo baixo as augas moitos países.

O que eu non entendo é que se a xente está informada de todo esto, e siguen contaminado. Cando poderiamos evitar o cambio climático con accións sinxelas como reciclar.




CURIOSIDADES RELACIONADAS COA CONTAMINACIÓN:



Unha illla de plástico:



Protección Ambiental, Conservación De La Naturaleza
imaxe pixabay
Existe unha illa feita totalmente de plástico cun total de 1,8  billóns de pezas de este material que é moi contaminante, xa que tarda moitísimos anos en degradarse. Está situada no Océano Pacífico e está empeorando moi rapidamente.


Esta illa de plástico é enorme: ten unha extensión equivalente á de Francia, España e Alemania xuntas, e a pesar de que a xente é consciente do seu tamaño, segue crecendo exponencialmente por culpa deles.

Realmente, canto contaminan as pìlas?????

Unha soa pila alcalina contamina 167 mil litros de auga, polo cal para contaminar  6.5 millóns de litros de auga farían falta 11 pilas de botón  de óxido de merrcurio ou 40 pilas alcalinas. A verdade e que as pilas contaminan unha barbaridade, por iso hai tantos puntos de recollida de pilas, principalmente nos centros comerciais.



Os videoxogos



Como son un neno: entretéñenme moitas cousas, sobre todo os videoxogos, que actualmente son considerados un deporte.

Hai un montón de videoxogos: para consola, móbiles, ordenador.. 
A consola máis utilizada actualmente por rapaces e adultos é a PS4, principalmente debido a súa calidade de imaxe, aínda que tamén hai bastante xente que xoga a outra consola que saiu fai moi pouco tempo: a Nintendo Switch, da cal  hai varios tipos: educativos, arcade, familiares...

A verdade é que os videoxogos poden ser tanto bos como malos, dependendo de como se utilicen.
Porque un uso excesivo dos videoxogos pode causar á larga problemas oculares graves, por iso moitos xogadores profesionais necesitan levar lentes.

Kontroller, Juegos, Ps4, Playstation, Jugar, Virtual
imaxe pixabay


venres, 5 de abril de 2019

Unha das miñas afeccións


Ola a todos e a todas.

Preséntovos o meu primeiro vídeo, vouvos falar dunha das miñas afeccións: O baloncesto.


Espero que vos guste.











xoves, 4 de abril de 2019

Noticia da semana 2: Facenda reclámalle a unha estudante de 16 anos o 19 por cento dun premio académico

04/04/2019

A Xunta otorgoulle o ano pasado a Inés Carrión Orosa un galardón e un cheque de 750 euros por ser a mellor estudante de ESO.
Esta nena, á que deberiamos colmar de homenaxes, agora é perseguida por Facenda, xa que lle reclama o 19 por cento do premio, é dicir, quítanlle 142,5 €, co que do premio só lle dan 607,50 €.

Debido a esta inxustiza, o seu pai fixo unha reclamación formal, pero xa recibiu a resolución de Facenda desestimándolla. Polo cal moi enfadado expresou a súa opinión na seguinte frase:
"Facenda castiga o esforzo, o traballo e a excelencia e premia a ludopatía".
Fontes: La Voz de Galicia     ABC
                                                                                        


Opinión: 

Estou moi de acordo ca queixa do pai de Inés Carrión Orosa, xa que paréceme moi inxusto que despois de traballar tanto estudando para conseguir un pequeno premio de 750 €, se lle quede Facenda con parte dos cartos.
Sin embargo para os premios de azar, como máquinas de apostas deportivas, se o premio non pasa de 20.000 €, según a Lei non hai que pagar nada a facenda. 
Esto para min non ten sentido, vexo que o traballo castígano, cando deberían homenaxealo. Penso que hai que cambiar a Lei canto antes: "Non é bo exemplo para que os xóvenes se esforcen estudando".





martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana : Apicultores españois alertan da avespa mandarina, máis perigosa que a velutina

Fontes:  ABC      La Voz de Galicia


23/03/2019

Os apicultores temen a chegada da avespa mandarina a España. É máis perigosa e destructiva que a velutina, xa que unha cazadora implacable que se alimenta doutros insectos como as nosas abellas.
Insectos, La Naturaleza, Animales, Cerrar, Avispa
imaxe pixabay

Ao igual que a vespa velutina, esta tamén procede de Asia(concretamente de Xapón), e xa chegou a China, polo que soamente é cuestión de tempo que chegue a Europa na carga dun barco, como ocorrera anteriormente coa velutina.



Opinión:

Eu creo que deberían facerse moitos máis controis e máis rigurosos dos produtos que veñen de Asia, para así evitar que a avespa mandarina chegue a Europa. E en caso de que entrara algunha, erradicalas no seu inicio, tomando as medidas urxentes para eliminalas antes de que se extenda a plaga.

domingo, 17 de marzo de 2019

San José Cluny contra CB Ribeira

Emocionante partido de baloncesto de categoría infantil celebrado hoxe domingo 17/03/2019  en Santiago de Compostela. Os rapaces e rapazas de ambos equipos fixeron un estupendo partido, coa vitoria do equipo CB Ribeira (no cal xogo) co resultado final de 30 - 60.

Recoméndovos a todos que practiquedes algún deporte, xa que é moi saudable, ademáis do divertido que resulta realizar actividades en grupo e das alegrías que te levas cando gaña o teu equipo.

Fanse u montón de amigos e coñeces un montón de xente. Recomendable ó 100%.

U Liga, Baloncesto, Deportes, Juego, Jugar, Escuela
imaxe pixabay